‘Cobiza’, lecturas edificantes

César Lorenzo Gil. Cobiza desenvólvese en dous futuros. Nun deles, xa nos prolegómenos da catástrofe ecolóxica, seguimos a biografía de Luz Divina, quen logo será creadora dunha nova especie intelixente, evoluída dos vexetais, cuxos membros son escravizados polas clases dominantes que gobernan o planeta, xa completamente afectado pola regresión tecnolóxica. Cobiza, de María Reimóndez, gañou…

Como se reparte o valor dun libro? O caso francés

Xesús González Gómez. A madrileña Trama editorial ten un catálogo moi coidado. Nese catálogo áchanse traducidos ao español libros de autores galegos (tres): O porco de pé, de Vicente Risco, Un ollo de vidro, de Castelao, e mais De como me encontré con el demonio en Vigo, unha selección de contos de Ánxel Fole: dos…

María do Cebreiro: “Na biblioteca dos meus pais eu sentía que estaba todo o que había que saber sobre a vida”

María do Cebreiro Rábade Villar é unha das escritoras máis orixinais da literatura actual. Amais de poesía (a súa obra máis recente é A Herba de namorar (Galaxia, 2019)) é tamén ensaísta e divulgadora académica. Seu é o epílogo d’A revolución en marcha. Decretos e proclamas da Comuna de París (edición de Xesús González Gómez…

‘Nós de vida’ de Julien Gracq

Xesús González Gómez. Aos poucos de morrer Louis Poirier, de nome literario Julien Gracq, o 22 de decembro do 2007, á idade de noventa e sete anos, deuse a coñecer o seu testamento. Deixáballe o seu piso de París á Cruz Vermella (piso que comprara coas ganancias producidas pola novela A ribeira das Syrtes, que…

Ramón Caride: “Fóra dos premios Planeta e das estreliñas literarias que saen nos telexornais, todos somos pouco coñecidos”

É un dos nosos escritores máis veteranos, premiados e prolíficos. Cultiva o relato, a novela, a poesía e a literatura infantil e xuvenil. As súas últimas obras publicadas son As músicas viaxeiras (Xerais) e A velocidade crítica (Embora). Visitamos a súa Biblioteca Íntima. Cal é o primeiro libro que recorda ter lido? Deixando á parte…

O cazador

Vítor Vieito. A noite caera tan rápido que non se decatara de que hora era, non lle importaba moito tampouco, todo o que lle podían berrar veriase aplacado polo comezo do seu aniversario ás 00. Seu irmán sempre lle dicia que non volvese á casa nunca polo mesmo camiño e tomouno ao pé da letra,…

Pensamentos e consellos de Paul Valéry

Xesús González Gómez. No 2021 conmemorouse, onde se conmemorou, o 150º aniversario do nacemento do poeta francés Paul Valéry. A influencia do poeta francés na poesía galega, acho, non foi, nin é, moita. (Segundo algún crítico, Antón Avilés estaba influído por Valéry: non penso o mesmo. Lembremos que para o francés a poesía era ou…