‘Teima’ vs ‘A tlamsicióm te Felipe’

Fotograma de ‘Sorry, We Missed You’, de Ken Loach.

Xornada 7 e derradeira da Liga da Primavera 2022. Duelo entre Lois Z e Xerardo Méndez.

Traba: O relato non pode conter as letras B, D, G, N e R.

Teima

Pola misa, a mai toleoulle. 

Polo que? Que sei eu… A avó ía moza e faltoulles o pai, a avó casou, e ao mes chau aos pesos e chau meu home,  aos seis, chau mamai; ela apañou cas e patacós. Cama hoxe xa, xa; e mañá talvez. Coce co fusco, coa luz polos camiños, volve, amasa, coce… 

Toleou. O papá solicitou e levou aquela alma. Facíalle falta. 

A Mamá fíxose a moza e esposa axiña, e á mai faltoulle o siso. 

O mal levoullo. 

Alí ficou, soa.

O papá como compaña pouco valía.

Patea México. 

Ay, Españita, la plata”

Os cativos. 

Volta. 

A casa: ao pé a liña. 

A mamá que veu e o ceo a voltas, e voltas, e voltas… e foise.

Seu pai. 

E. 

E.

O cativo faise mozo, e o mozo vaise. A cativa faise moza: e a moza vaise. 

O mal volve, ataca salvaxe. E máis, se amas, teimas. Teimas. 


A tlamsicióm te Felipe

Felipe mumca se semtiu a justo como memo. Ós seus seis tivo comciemcia te que o colpo que tiña, o que vía mo espello, ela oposto á pelcepcióm que tiña te si mesmo. Um tía comfesoullo a súa mai. “Mamá, eu mom quelo sel um memo. Eu mom som um memo. O meu colpo está equivocato. Eu em lealitate som um señol maiol”. E ela celto. A Felipe justávalle milal as ovlas, chuspil mo cham. Semple saía ta casa coa pucha e um escalvatemtes emtle os veizos. Ma vulsa um pamo e ma mam um palaujas pol se acaso. Mom lle justava il ó palque, o seu pasatempo favolito ela xojal ó tomimó to val, jolpeamto vem folte a mesa camto pechava. Pelo iso mom o facía plemamemte feliz. Faltávamlle moitas cousas, toto o que tiñam os temáis amciáms te folma matulal. O pelo vlamco, o olol colpolal, a voz lasposa, em emlujas que comsejíam esa explesióm como te estal semple milamto cala ao sol, o vlazo amijo que lle axutase a vaixal to vus, tesflutal to lespecto que a xemte tiña pola itate. Seus pais apoialomo teste o comezo. Estava em xojo a felicitate so seu fillo e amte iso mimjúm plexuízo social os fixo tuvital. Comezalom co tlatamemto holmomal moi plomto, amtes tos sete. Camto tivo tez Felipe xa apalemtava sesemta. A atmimistlacióm comceteulle a plexuvilacióm e pemsiomalomo cumha paja. A súa saúte teteliolouse axiña. Pasou to caxato ó amtatol e taí ó sillóm tumha lesitemcia. Os pais íamo visital os tomimjos e távamlle te comel o lamcho e floita te tempata. Pasou os últimos meses emjamchato a umha máquima, ás veces espeltava e mollava os veizos coa límjoa pala falal aljumha palavla. “Ai, filla, vaise apajal plomto a miña vela”. “Felipe, meu amol, eu som a túa mamá”. “Mamá…? Mamá, tame colo”.

5 comentarios en “‘Teima’ vs ‘A tlamsicióm te Felipe’

  1. Dúas maneiras moi diferentes de asumir a traba das letras prohibidas. A forma clásica de simplemente evitalas fronte ao método de facelas evidentes para que a traba sexa, por así dicilo, o centro do relato. Ademais, neste duelo hai que recoñecer que as letras que faltan son substanciais na sintaxe galega. A organización non se decatou do erro, pero os autores deste duelo teñen máis méritos ca o resto porque non puideron usar gran parte do que poderiamos considerar cimento da gramática para compoñer os seus relatos.

    Teima

    Coido que é un gran relato este. Transmite con palabras xustas a historia e crea unha pátina poética que lle acae moi ben ao texto. Hai ritmo a pesar da necesaria elipse que obriga a falta de materia prima para expresar e coido que se alguén o lese sen saber que o autor tivo que prescindir de tantas letras valoraríao igual. Estamos ante un dos mellores textos da liga.

    A tlamsicióm te Felipe

    Como dicía, o autor deste texto optou por converter a traba no punto de partida do relato. Estaba tan visible que decidiu poñerlle un rótulo de neon, unha fanfarria, un anuncio na televisión. Este relato é pura traba. O autor desafogou, retorceu o vocabulario, creou un personaxe ao servizo da trama e aínda logrou máis: con todos eses ingredientes crea unha parodia que funciona, que é autosuficiente sen traba nin foto nin nada. Eis o sentido destas trabas que nos acompañaron nas últimas ligas. Para atopar un relato coma este é que se fixeron, porque o autor talvez chegaría a estas mesmas conclusións sen necesidade delas, pero a vía seríalle moito máis invisible que así. Para min, este é o mellor relato da liga.

    Voto por ‘A tlamsicióm te Felipe’

  2. E vamos co último duelo, pedazo duelo por certo. Non só pola calidade dos relatos, que é moi alta, senón por dar composta algo así sen esas letras. (No creo que poida superar outra traba de letras…organización. Tras canas novas teño nos ovos.)

    “Teima”. Moi bo relato, si señor. Gústame o estilizado que está, como evitou o da letras de maneira moi eficaz acudindo á elipse. O ritmo está moi ben conseguido e o ton, melancólico e poético, tamén.

    “A tlamsicióm te Felipe”. Veume á cabeza “El sedcleto de la tlompeta” e “Benjamin Button” ou case mellor o “Neno suicida” de Dieste. Pero este relato ten sabor propio, é unha transición por vontade propia, onde pagas as consecuencias que isto che trae. O relato é moi alegórico e pode ter moitísimas lecturas, ten un aquel de fábula moderna, e iso é algo moi bo para calquera relato. Eu non creo que o núcleo do relato sexa a traba, pero é certo que a maneira de afrontala, con esa linguaxe como de neno, lle da un plus que non tería sen a mesma.

    O meu VOTO vai por “A tlamsicióm te Felipe”.

  3. ‘Teima’: Gústame o ton deste relato, e como encaixou a traba sen que apenas se notase.

    ‘A tlamsicióm de Felipe’: Neste caso, ademais do orixinal e divertido do relato, está o uso da traba ao seu favor, que oara min decantou este duelo.

    Voto por ‘A tlamsicióm de Felipe’

  4. E o último¡ Agradezo estas semanas que compartín con vos e gardo vervos na próxima¡
    Teima non desperdicia nin unha palabra no seu relato, presenta varias ideas e conéctaas baixo a forma do contexto que imaxinamos. As elipses que presenta, ademais de evitar as letras, danlle aún máis forza ao carácter pasaxeiro da conversa. A ausencia léxica tamén invita a pensar na ausencia de pensamento, o cal pode cadrar ca imaxe.
    A tlamsaciom de Felipe amañou a trama, a traba e o tema ata tal punto que son indivisibles. Fían con isto un relato potente, cunha profundidade de lectura moi grande. Un dos mellores.
    O meu voto vai para A tlamsaciom de Felipe.

  5. Que complexa esta pexa. Seméllame a que máis. Mal amaño posúe. É limite total que pasa moi poucas escollas. Pouco sei se este tipo pexas suma aquí. Mesmo semella que lle quita cota aos textos.

    Teima
    Vese moito choio co texto. Comeza alto, mais pouco se pilla ao lelo completo. É lóxico. É moi moi complexo que se saque efecto máis xeitoso. Empeza a xeito mais semella que capitula cos últimos pasos. Secasí, cáptase o colosal empeño que puxo a pluma. Aplausos.

    A tlamsicióm te Felipe
    Aquí hai astucia, maña, calote, falacia. A pluma esquivou a pexa, mutou os seños-pexa a seños alleos a ela. O texto é moi chulo, a fe, mais vale meu voto? O home so fixo o texto e supliu estas cousas coas que hai. Só fixo 5 Ctl+H. Mais o texto é top. Que voto?

    Pois voto a Teima.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s