A redución de sonetos: un xogo literario

Xesús González Gómez. Raymond Quenau, en «Littérature potentiel», exposición realizada o 29 de xaneiro de 1964, no Seminario de lingüística cuantitativa, de J. Favard, e recollido o texto en Bâtons, chiffres et lettres (París, Gallimard, 1965, colección Idées; nós usamos a reedición de 1985), aproveitando o que el denomina «redundancia» de Mallarmé, procede á «hai-kaisación»…

‘Pazo de inverno’, o ex concelleiro novela

César Lorenzo Gil. Alberto Lema foi concelleiro de Emprego, Turismo, Promoción Económica e Mercados na Coruña entre os anos 2015 e 2019, durante o mandato no que a Marea Atlántica obtivo a maioría dos edís e exerceu a alcaldía. Lema, que xa publicara dous libros de poesía e tres de narrativa, gañou o Premio García…

Invitación para coñecer a Claude Cahun. A propósito dunha mala novela

Xesús González Gómez. Fozando na biblioteca do barrio, dou cun libro cuxa portada me «soa», así que o collo e miro os «paratextos»: contraportada, lapela, etc. A portada soábame porque é unha foto (un auto-retrato) de Claude Cahun, a escritora e fotógrafa surrealista «descuberta» máis de trinta anos despois do seu pasamento. O libro que,…

A Espada do Metal: 1. Asemblea infernal

Lois Z. O inferno son os outros Jean-Paul Sartre ―Non vexo a Soberbia ―rosmou Guerra, un vello diaño cos cornos romos e artrose nas ás. ―Sá-sá-sá-bese algo de Egoísmo? ―preguntou Pánico pechando a porta de soto tras el. ―Vino pola mañá relaxándose nas piscinas de lava, hihihi ―deixou caer Aberración. ―Que se foda Egoísmo! ―petou…

O burato do Xerión. Episodio 1

Guillermo Rodicio. “Forxarei con ferro de forxa pico, pa e marra, e con eles desvendarei os misterios do mundo”. Unha idea apuntada ao calor da épica de madrugada, no marco de meses de detallado planeamento, dúbidas, encrucilladas loxísticas e hipóteses criminais, culminaba nun paseo do máis prosaico polos corredores dunha multinacional de bricolaxe no Marineda…