O 31 de decembro celebramos o San Silvestre, unha data propicia para o caos

Nati Rey. No ciclo galego do Nadal, o día de San Silvestre comprendese no que se dá en chamar “duodenario místico”, o período de doce días comprendido entre finais dun ano e comezos do seguinte. Nese tempo limiar de doce días, o contacto entre o mundo terreal e o alén é especialmente intenso e perigoso.…

Gonzalo Torrente Ballester e Camilo José Cela no 1977. INSTITUTO CERVANTES

O Premio Planeta e Galicia

Xesús González Gómez. Procurando na rede agora non lembro exactamente que, dou cunha «memoria para optar ao grao de doutor», presentada por Fernando González-Ariza, baixo a dirección do doutor Ignacio Díez, na Facultade de Filoloxía da Universidade Complutense de Madrid en 2004, co título Literatura y sociedad: el premio Planeta. E, ademais, como se cumpriron…

‘Migrantas’, favorece o programa Erasmus a diáspora?

Eva Moreda. María Alonso é unha das persoas que no sistema literario galego máis esforzos e enerxías ten dedicado a conceptualizar a nova diáspora, termo que acuñou ela mesma. A conceptualización de Alonso presenta a emigración como expulsión (de persoas altamente cualificadas que se ven obrigadas a vivir na precariedade no estranxeiro polo menos durante…

Inma Otero Varela: “Coido que Vicente Risco non sería o máis alegre para ir unha noite de festa”

Hoxe entramos na ‘Biblioteca Íntima’ de Inma Otero Varela. Profesora de Lingua e Literatura no Ensino Medio, investigadora e crítica literaria de ampla experiencia, acaba de publicar A materialidade das fillas de Lupa. Obxectos ficcionais femininos na narrativa galega (Xerais). Cal é o primeiro libro que recorda ter lido? El mundo de Tomillo, de Ramón…

Despois de arder. Capítulo 3

Rosa Sánchez. Luces e sombras A procesión veciñal chegou á ermida entre lusco e fusco. O escenario apocalíptico que viviran media hora antes desaparecera. Xa podían darlle volta ao alento, estar ergueitos, verse uns aos outros e ceibar as emocións contidas. O medo aliviara e déronse a licenza de chorar, de abrazarse e, algúns, de…

O burato do Xerión. Episodio 3

Guillermo Rodicio. No outono do ano 2006, na entrada da rúa Rubine na Coruña abriu de súpeto unha enorme focha de oito metros de diámetro. Rebentou o asfalto e esboroou area e pedra ata unha profundidade duns dez metros, cunha potencia que derrubou, polo lado norte, un anaco da parede de formigón do parking público…

A Espada do Metal: 3. O plan

Lois Z. “E cóidao ben, eh?”. Iso foi o último que escoitou Agonías antes de quedar a soas con Jincho no medio da noite. Camiñaron sen falar. Aínda que o paladín ía tranquilo e desarmado, Agonías non lle quitaba ollo. ―Aquí é ―comentou o anfitrión tras uns minutos de paseo, sinalando aquela especie de cortello.…

Se dubidas, non veñas. Cap. 3: Vacacións

Mercedes Martínez Modroño. Luns. Podería ser un luns calquera, pero hoxe o ambiente é diferente. Non hai escola, polas vacacións de Pascua, así que o balbordo de xente miúda descoloca a rutina. Comezan a aparecer turistas, era sabido. A novidade, porén, é que as ratas marcharon tan rápido como chegaran. Seica Vitoria veu onte, domingo,…

A Converxencia. Capítulo 3

Pablo Pesado. En volta do ano 90 produciuse un importante debate público que mostraba que as persoas nadas en Franza atesouraban un elevado sentido de responsabilidade histórica: era desexábel, levando en conta a escaseza existente de seres humanos e a fugacidade das súas vidas, que as novas crianzas a nacer dedicasen a infancia a aprender…

Os mortos, di aquel, virán. Primeira parte: ‘Benvidos a Vilaningures’, caps. III e 3

Víctor Pérez. III Xan, Xiana e Bieito falaban animadamente ao redor da mesa máis afastada da sala de televisión da Escondidinha. A sorte, o destino ou algunha brincadeira cósmica, fixera que Xan topara con Bieito despois dunha mañá desesperanzadora, onde a frustración quedara tapada co medo polo que puido topar na vella conserveira. Xan, que…