‘Lúa nova’, unha novela sen conflito

César Lorenzo Gil Lúa nova, de Irene Montero, publicada por Xerais, gañou o VIII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira, que se outorgou no 2021. Conta a historia de Lúa, unha pianista de éxito internacional cega de nacemento. A novela parte dun presente, no que a protagonista viaxa a San Francisco, EUA, para…

Sant Jordi 2023: As vendas de libros seguen aumentando

Xesús González Gómez. Unha semana antes de Sant Jordi, o Gremi de Llibreters de Catalunya facía unhas declaracións exultantes profetizando unha «diada de Sant Jordi» sen par, que rompería todos os límites. Se o pasado ano as vendas superaran nun 1,5% as do ano anterior á pandemia (2019), chegando a unha cantidade aproximada –á baixa–…

A literatura galega como xénero

César Lorenzo Gil. É común, en ámbitos relacionados coa cultura galega, falarmos de que un dos grandes problemas da expresión artística na nosa lingua é que non consegue crear un sistema, senón que se ten que conformar con ser unha categoría dentro dun sistema ou unha estrutura superior. Así, falarmos de cinema galego ou de…

Tabucchi e os surrealistas portugueses

Xesús González Gómez. Collo dos estantes da biblioteca un libro que leva alá (con algún cambio de domicilio) desde 1971. Comezo mirando o índice e deixo o libro para ver se teño alguna comunicación no correo. Só unha, da Perve Galería, de Lisboa, que di o seguinte: Dia 9 de agosto de 2022, quando Mário…

‘Algoritmos’, concentrado de Queipo

César Lorenzo Gil. Algoritmos (editado por Galaxia) reúne, segundo a contratapa do volume, «unha secuencia de ideas acoutadas entre 2011 e 2018». É unha boa definición para un libro que poderiamos cualificar como diario inconstante de experiencias, lecturas, memorias e reflexións cuxo principal elo conector é a forte personalidade literaria do seu autor, Xavier Queipo.…

Despois de arder. Capítulo 10

Rosa Sánchez. Po de estrelas Mariluz colocaba enriba do altar o guión da intervención e acariñaba a estrela de cinco puntas que levaba no pescozo. A súa vida dera unha boa reviravolta despois de arder. Dirixiu unha mirada cómplice a Isaura, sentada na bancada da dereita do altar a carón dun home alto e forte,…

Se dubidas, non veñas. Capítulo 10

Mercedes Martínez Modroño. O mar Quedou ben esa foto. Será unha desas que acaban sinalando momentos da vida, imaxes ás que nos gusta volver, das que nunca se esquece a data, o momento aquel no que foron tiradas. Están os tres, ou tres e medio, catro en realidade, diante dunha mazaira cargada de froita. Unha…

A Espada do Metal: 10. O Maligno

Lois Z. Todos os días, tamén os festivos, o Maligno esperta ben cedo pola mañá. Érguese da súa xigantesca cama de lume, pon unhas mallas e dá trece voltas arredor do Palacio Infernal. Despois agárdao a sauna lista, unha meditación e máis tarde un almorzo abundante, pero tardío, para cumprir os prazos do xaxún intermitente…

Os corpos fráxiles: Capítulo X

Sofía Fernández. Despois daquilo nunca puiden ser a mesma. Simplemente non o fun. Ao enterro da avoa viñeron unha morea de persoas. A súa amiga Milagros, os pais do Xabi, as nosas tías, a curmá Ana que é medica e fixo todo o que puido sen éxito, as amigas da infancia da miña tía Marga,…