Un conto de Ho Chi Minh cen anos despois

Xesús González Gómez. En maio de 1968, en París, o nome de Ho Chi Minh foi un dos máis «coreados». Por aquelas mesmas datas, se non aquel mesmo mes de maio, ese mesmo ano, lembro que lin a biografía que do líder vietnamita escribira o xornalista francés Jean Lacouture e que acababa de editar en…

‘Etceteramente’, un libro xogo

César Lorenzo Gil. É máis ou menos habitual que se publiquen libros infantís nos que a propia lingua ou a literatura sexan a materia prima coa que se compoñen diversas posibilidades lúdicas. A relación entre significado e significante, as historias dentro das historias ou os dobres sentidos de palabras e expresión, entre outras posibilidades, artellan…

Unha panorámica histórica sobre a tradución literaria en catalán (e II)

Xesús González Gómez. Traducció, món editorial i literatura catalana (1975-2000).VI Simposi sobre traducció i recepció en la literatura catalana contemporánia, ademais da presentación dos curadores (Ivan Garcia e Diana Roig Sanz), consta de dez traballos, todos interesantes, pero uns máis que outros. Simona Škrabec, escritora e estudosa, e tradutora, eslovena que escribe en catalán, trata…

‘Sica’, unha fábula con técnica de documental

Alejandro Bonmatí. Despois dunha carreira dedicada á docencia universitaria e ao xénero documental con Nedar (2008) ou Volar (2012), a directora e guionista barcelonesa Carla Subirana decide situar en Galicia a ambientación e gravación do seu primeiro proxecto de ficción, a longametraxe Sica, que se estrea hoxe, venres, 19 de maio de 2023, en salas…

Día das Letras: entre o pop e as bandeiras

César Lorenzo Gil. Teño dito en varios textos parecidos a este que o Día das Letras Galegas é un dos grandes éxitos institucionais de Galicia. A pesar de que se iniciou en pleno franquismo (e conseguiu sobrevivir baixo ese réxime máis dunha década), a data está hoxe moi relacionada cos alicerces da autonomía. É un…

‘A muller de lona’, unha novela sen materia prima

César Lorenzo Gil. Hipólito Foxo é empregado dun aparcadoiro público. Encárgase de atender a caixa e da vixilancia. Un día a súa xefa proponlle un cambio de funcións que el interpreta como o preámbulo para o seu despedimento, malia que en aparencia o novo cargo habíalle dar máis comodidade e salario. A posibilidade do cambio,…

Camilo Gonsar, comentarista literario

Xesús González Gómez. A finais deste 2023, en novembro, cumpriranse os quince anos do pasamento de Camilo González Suárez-Llanos (Sarria, 1931). Camilo Gonsar, como asinou as súas obras a partir de Cara a Times Square (1980), aínda que este pseudónimo, ou anagrama, aparecera primeiramente na revista Grial en xullo de 1977, nº 57, como Gonzar:…

‘Outono aquí’, unha reedición acertada

César Lorenzo Gil. A editorial Menino Morreu reedita Outono aquí, a obra coa que Mario Regueira gañou o Premio Lueiro Rey de Novela Curta no ano 2011. Estamos diante dunha novela de dous personaxes, protagonizada por dous irmáns: Xoán, músico de éxito que sofre un cancro grave, e mais Guillerme, que vai visitalo a Gante…