Os máis vendidos do Sant Jordi’23. Listaxe definitiva

Xavier Bosch.

Xesús González Gómez.

A tres días da celebración do día do libro, da diada de Sant Jordi, e despois das primeiras listaxes dos libros máis vendidos esa xornada en toda Cataluña, empezaron a saír outras que puñan en dúbida o ránquing que dera a coñecer a noite de Sant Jordi a Cambra del Llibre/Gremi de Llibreters. A listaxe deste organismo contabiliza, segundo informacións saídas en diferentes xornais cataláns, as vendas durante esa xornada e a semana anterior ao día 23, mais, segundo eses mesmos xornais, deixou de contabilizar as vendas nos stands (que non están informatizadas) e outras, que segundo fontes do sector representan até un 40% das vendas do día de Sant Jordi. Segundo as estimacións da consultora Gfk (Growth from Knowledge) –consultora que goza da confianza dos editores, un gremio sempre reacio a dar cifras, xa que considera as cifras desta consultora máis achegadas á realidade que as de LibriRed, aplataforma coa que traballa o Gremi–, o ránquing de vendas foi outro. Así as cousas, a Cambra del Llibre, o pasado mércores día 3 deu a coñecer unha nova  e definitiva listaxe dos 10 libros máis vendidos no canto dos cinco títulos que avanzara a noite de Sant Jordi. Á parte, entrega outros datos que, coidamos, son de interese para nós (galegas e galegos, para aquela/es interesada/os no mundo do libro, e, talvez, tamén da industria editorial).

Segundo os datos dados a coñecer polo Gremi, desde a semana empezada o día 17 até o domingo 23 de abril, vendéronse en Cataluña 1,87 millóns de exemplares, cunha facturación de 24 millóns de euros, polo que se confirma un crecemento do 7% con respecto ao 2022. Afirma tamén o Gremi que se venderon máis de 60.000 títulos diferentes, o que significa un crecemento dun 17% con respecto ao ano anterior. Polo que repecta aos xéneros, dan as seguintes cifras: do vendido por Sant Jordi en catalán, a literatura infantil e xuvenil representa o 41%, a ficción o 30,5%, a non-ficción o 22,7 e a banda deseñada ou cómic, o 5,7%.

En castelán, a ficción representa o 35,1%, a non-ficción o 31,9%, a literatura infantil e xuvenil o 17,8% e a banda deseñada o 15,2%.

Polo que respecta ás linguas, os datos son os seguintes:

As vendas en catalán representaron un 52,2% do total, e,o 47,8% restante son as vendas en castelán.

Por provincias, a vendas en catalán foron as seguintes: Barcelona: 50,9%, Girona: 68,2%; Lleida: 57,4%; e Tarragona: 54,6%.

Libros máis vendidos e diferenzas con respecto á listaxe anterior. Segundo a Cambra, a listaxe elaborouse despois de procesar os datos reais de venda de de 230 librarías de toda Cataluña e tamén as vendas realizadas nos stands colocados nas rúas, e, ademais a listaxe completouse cunha prospección do resto de librarías que configuran o mercado.Velaí, xa que logo, as listaxe dos 10 libros máis vendidos.

Ficción castelán

1.-  El Ángel de la ciudad, Eva García Sáenz de Urturi (Planeta).

2.-  El cuco de cristal, Javier Castillo (Suma de letras).

3.-  Esperando al diluvio, Dolores Redondo (Ed. Destino).

4.-  Como (no) escribí nuestra historia, Elísabet Benavent (Suma de letras).

5.-  Hijos de la fábula, Fernando Aramburu (Tusquets).

6.-  El retrato de casada, Maggie O’Farrell (Libros del Asteroide).

7.-  La secta, Camilla Läckberg/Henrik Fexeus (Planeta).

8.-  De vuelta a casa, Kate Morton (Suma de letras).

9.-  Donde todo brilla, Alice Kellen (Planeta).

10.-La familia, Sara Mesa (Anagrama).

Con respecto á listaxe dos cinco libros máis vendidos que o Gremi de Llibreters/Cambra del Llibre entregou a noite de Sant Jordi, e que reproducimos a semana pasada, hai diversos cambios. Vexámolos. Na cabeza da listaxe mantense o mesmo título, pero na anterior listaxe El cuco de cristal ocupaba a cuarta posición. Na terceira aparecía El retrato de casada, que agora ocupa a sexta, ocupando agora aquela posición Dolores Redondo, que non aparecía na anterior listaxe. E Cómo (no) escribí…, que ocupaba a segunda posición, pasa á cuarta. Fernando Aramburu non cambia de posición: nas dúas listaxe aparece na quinta.

No-ficción

1.-  El chico de las musarañas, Ana Obregón/ Aless Lequio (Harper Collins).

2.-  Hábitos atómicos, James Clear (Editorial Diana).

3.-  Cómo hacer que te pasen cosas buenas, Marian, Rojas (Espasa).

4.- Una historia compartida, Julia Navarro (Plaza&Janés).

5.- Encuentra tu persona vitamina, Marian Rojas (Espasa).

6.- Cociña fácil y rico, Karlos Arguiñano (Planeta).

7.- Por si las voces vuelven, Ángel Martín (Planeta).

8.- En la sombra, Príncipe Harry, Duque de Sussex (Plaza&Janés).

9.- Así es la puta vida, Jordi Wild (Plan B).

10.-El sutil arte de que (casi todo) te importa una mierda, Mark Manson (Harper Collins).

No que respecta ao apartado Non-ficción encastelán, as cousas cambiatonabondo. Apafrece como libro máis vendido de Ana Obregón/A. Lequio, que non aparecía na anterior listaxe, e o libro que daquela ocupaba a primeira posición, Cómo hacer que te pasen cousas buenas, pasa á terceira. A segunda posición non cambia, mais si a terceira, que ocupaba Encuentra tu persona…, que pasa a quinta e Unha historia compartida pasa da quinta posición á cuarta. E o título que ocupaba a cuarta posición, El amor comienza por ti, de Curro Cañete, agora non aparece nin na lista ampliada a dez títulos. (Lembremos que a anterior listaxe só daba cinco títulos.)

Infantil-xuvenil

1.- Arta contra el alien máximo, Arta Game (Montena).

2.- Tres meses, Joana Marcús (Montena).

3.- Antes de diciembre, Joana Marcús (Montena).

4.- Arta en el apocalipsis máximo, Arta Game (Montena).

5.- Arta y la invasión máxima (Montena).

6.- Después de diciembre, Joana Marcús (Montena).

7.- No te comas este libro, Mikecrack (Mr Ediciones).

8.- Amanda Black 1 -Una herencia peligrosa, Juan Gómez-Jurado/Bárbara Montes (B de Blok).

9.- Compas 8. Los Compas y la aventura en miniatura, Mikecrack, El Trollino, y Timba Vk (Mr ediciones).

10.- Guinness World Records 2023, Guinnes World Records (Planeta).

Nesta listaxe, as posiciñon unha, dúas, tres e catro mantéñense, cambia a quinta, ocupada na anterior por Después de diciembre, que pasa agora á sexta.

Polo que respecta aos títulos en catalán dados como máis vendidos a noite de Sant Jordi e a nova listaxe, hai diversos cambios.Velaí a nova listaxe.

Ficción catalán

1.- 32 de març, Xavier Bosch (Univers).

2.- Les Nostres mares,Gemma Ruiz Palá (Proa).

3.- El retrat de matrimoni, Maggie O’Farrel (L’Altra editorial).

4.- Pregària a Prosèrpina, Albert Sánchez Piñol (La Campana).

5.- París érem nosaltres, Andreu Claret (Columna)

6.- Demà, i demà, i demà, Gabrielle Zevin (Edicions del Periscopi).

7.- La possibilitat de dir-ne casa, Marta Orriols (Proa).

8.- Les calces al sol, Regina Rodríguez Sirvent (La Camapana)

9.- Aterratge, Eva Piquer (Club Editor).

10.-Boulder, Eva Baltasar (Club Editor).

Na primeira listaxe entregada aos medios de comunicaciñon, o libro de Ruiz Palà ocupaba a primeira posición e o de Xavier Bosch a segunda: intercambiaron os postos. (Segundo a consultora GfK, de 32 de març vendéronse 13.300 exemplares, cincoentos máis que Les nostres mares.) Na terceira posición non hai cambios, mais a cuarta, agora ocupada por Pregària a Prosèrpina, ocupábaa, Les calces al sol, agora na octava posición; e a quinta, ocupada agora por París érem nosaltres, pertencera (sic) a Demà, i demá, i demà, que pasa agora a ocupar a sexta.

No apartado de Non-ficción tamén se dan cambios mais ou menos substanciais e en certo modo, algo de polémica nos números.Velaí a nova listaxe entregada polo Gremi de Llibreters/Cambra del Llibre

Non-ficción catalán

1.- Crims: Pecats capital, Carles Porta (La Campana).

2.- Gran enciclopèdia del Barça, La Sotana (Blackie Books).

3.- De la sabana a Mart, Xavier Sala Martín (Rosa dels Vents).

4.- Aliades, Txell Feixas (Ara Llibres).

5.- La pausa dels dies, Xavier Grasset (La Campana).

6.- Quan deixi de ser jo, Carme Elies (Columna).

7.- Cuina! O barbàrie, Maria Nicolau (Ara llibres).

8.- Ets el que menges, Núria Coll (Rosa dels Vents).

9.- Si la memòria no ens falla, Sergi Pàmies/Quim Monzó (Libros de la Vanguardia).

10.-Els pecats de la xona, Marta Pontnou/ Laura Fa (Rosa dels Vents).

Nesta nova lista, as posicións unha e dúas intercámbianse, a terceira mantense co mesmo título, e cuarta e quinta son títulos que non aparecían na primeira listaxe, que ocupaban Mitologia dels Països Catalans (que agora non aparece nin na listaxe ampliada) e Si la memòria no ens falla (agora na posición novena). A «polémica» vén dada porque segundo a consultora GfK, o libro máis vendido deste apartado foi De la sabana a Mart, cunha venda de 11.100 exemplares, o segundo Crims: Pecats capitals, con 10.600 exemplares, e en terceira posición a Gran enciclopèdia del Barça, con 7500 exemplares vendidos.

Infantil xuvenil

1.- Un regal de por, Maritxell Martí (Editorial Flamboyant).

2.- La llegenda de Sant Jordi, AA. VV (Estrella Polar).

3.- L’excursions d’en Tito, VV. AA. (Estrella Polar).

4.- Tinc un volcà i no vull respirar, Miriam Tirado (El Cep i laNansa).

5.- Què és això de l’amor, Minimoni?, Rocio Bonilla (Animallibres).

6.- Em dic Goa, Miriam Tirado (B de Blok).

7.- Aprendre a llegir a l’Escola de Monstres, Sally Rippin (Montena).

8.- Les cosines de la Mus, Jaume Copons (Combel Editorial).

9.- Fes-me una abraçada petit drac de Sant Jordi, Tanja Louvwers/ Esther de Beer (Librobooks).

10.- Escolta i llegeix la Llegenda de San Jordi, Somnins (Estrella Polar).

Neste apartado, o título que aparece como máis vendido non aparecía na anterior listaxe (cinco títulos, lembrémolo); o que ocupaba a cuarta posición agora aparece na octava.

En fin esperemos que para o ano a consulta GfK e a Cambra del Llibre/Gremi de Llibreters se poñan de acordo nisto das cifras, e, sobre todo, que os editores, dunha vez por todas, dean as súas, é dicir, as que teñen que presentar a Facenda. Porque algo de vertixe produce saber que dun libro en catlán (os primeiros e segundo títulos dos libros máis vendidos) deberon facerse tiraxes de, como mínimo 15.000 exemplares, porque se 32 de març vendéronse nunha semana 13.300 exemplares, de canto foi a tiraxe? O mesmo se pode dicir dos libros de non-ficción. E lembremos mñais unha vez, que os libros máis vendidos só representa un 5% do total de vendas dese día –ou desa semana. Segundo outras opinións, a do presidente de Llibreters de Barceloina (Llibreria Documenta) un 7%.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s