Quen somos

BiosBardia é unha revista dixital sobre libros en galego. Publicamos noticias e reportaxes. Tamén entrevistas e críticas, tanto sobre libros en galego coma noutros idiomas, tanto sobre literatura coma de calquera outro tema que consideremos de interese para mellor coñecermos o que sucede.

Queremos facer xornalismo cultural con rigor, independencia e profundidade.

Dona Orraca é a nosa sección dedicada á historia. Historia que se entende, información sobre o pasado construída de maneira divulgativa e accesible.

Considerámonos un medio de comunicación en galego e formamos parte dunha rede cada vez máis ampla. Proxectos novos e sustentados na ilusión que merecen atención e recoñecemento. Falamos deles na sección Os medios en galego importan.

Ademais de falar de literatura, queremos que nas páxinas de BiosBardia haxa literatura. Na nosa sección de Creación publicamos textos de narrativa, teatro e poesía. Relatos, novelas por entrega, poemas, obras teatrais… Se queres participar, envíanos o teu texto a biosbardia@gmail.com.

Este é un proxecto aberto e gústanos que nos escriban, que nos propoñan, que nos esixan, que nos escollan para publicar.

Dirixe BiosBardia César Lorenzo Gil (Arbo, 1977). É xornalista. Responsable de Contidos e Comunicación da libraría Aira das Letras. Forma parte do comité de redacción da revista Luzes e do consello de redacción de Protexta, sección de Cultura da revista Tempos Novos. Foi coordinador de A Nosa Terra Diario (2008-2011) e redactor da sección de Cultura de A Nosa Terra durante máis dunha década.

Participan neste proxecto tamén:

Manuel Veiga. Xornalista e escritor. Como novelista gañou o Premio Xerais e o García Barros. A súa última novela é Todo ser humano é un río (Xerais). No seu labor como ensaísta tratou temas da historia e da literatura de Galicia. A súa traxectoria xornalística está vinculada ao proxecto A Nosa Terra, no que traballou tres décadas. Dirixiu a cabeceira entre o 2007 e o 2010.

Xan Carballa. Xornalista. Desenvolveu diferentes responsabilidades no proxecto A Nosa Terra durante tres décadas. Foi xefe de Cultura no semanario, dirixiu Edicións A Nosa Terra e foi subdirector do semanario entre o 2007 e o 2010. Publicou dous libros sobre a vida e a obra de Valentín-Paz Andrade e outros dous de conversas, un co teólogo e político Francisco Carballo e o outro co político e economista Xavier Vence. As súas reportaxes e entrevistas poden consultarse neste enlace.

Xesús González Gómez. Crítico. O seu labor profesional desenvolveuno en Barcelona, nos estudios de RNE. Como crítico ten unha ampla bibliografía e unha longa traxectoria en diversos medios xornalísticos de Galicia e de fóra. Experto no movemento surrealista, publicou antoloxías, estudos críticos e tamén libros de ficción, caso d’A lingua secreta. 

Xosé Enrique Acuña. Editor, xornalista e escritor. Responsable de distintas exposicións artísticas e documentais. Premio da Crítica de Galicia 2010. Publicou a novela O Café do Idioma (Fricción).

Lois Z (Lois Pérez Diéguez). Crítico literario.Licenciado en Bioloxía. Ourensán empadroado en Compostela. Xogador de rol, escritor de relatos e estampador de camisetas.

Eva Moreda. Narradora. A súa última novela é A Veiga é como un tempo distinto (Xerais). Foi gañadora ou finalista de numerosos certames, como o Terra de Melide, Narrativas Quentes, Manuel Murguía de Relato, San Clemente, etc. Reside desde o 2006 en Reino Unido, onde actualmente é profesora titular de Musicoloxía na Universidade de Glasgow.

Se queredes contactar con BiosBardia amais de nas redes sociais podedes escribir a biosbardia@gmail.com.

 

7 comentarios en “Quen somos

  1. Parabéns pola revista. Contenta do vos ter atopado. Filgueira, as vezes, ainda fiz algo de bem….A pessar da sua nefasta influencia quer no ensino, quer na vida política, e de eu estar completamente em discordia com esse nomeamento para as letras galegas. Neste pais ( Galiza)sempre há quem tem ganhas de incordiar…
    Adela Figueroa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s