Listaxe de libros máis vendidos. 1ª quincena de xullo, 2020

Para confeccionar esta lista contamos coa colaboración da distribuidora Arnoia e das librarías do grupo Punto e Coma (Ourense e Carballo), Libraría Pedreira (Santiago) e Aira das Letras (Allariz). Iremos ampliando os establecementos colaboradores en futuras listaxes. Só se teñen en conta os títulos publicados cunha antigüidade menor de doce meses. Tamén reedicións, non reimpresións.…

Así queda a primeira xornada da Liga Maruxairas

Tras as votacións da xornada preliminar, a clasificación (que só serve para casos de empate e definir os duelos da primeira xornada) queda así: 1. Lois Z, por As lapas. 2. David Botana, por A sesta. 3. Carlos Vega, por Confesión do rei fratricida. 4. Xosé Carlos Carracedo, por Observatorio. 5. Ana Vigo, por O fuxitivo. 6. Natalia Otero, por Á…

Así será a I Liga Maruxairas de Relatos

A I Liga Maruxairas de Relatos é un experimento estival ao redor da narrativa curta. Logo de tres torneos de relatos, gañados por Pablo Fernández Barba, Érica Couto e David Botana, mudamos a dinámica dos duelos sen que isto signifique que damos por rematadas as convocatorias dos torneos de relatos, que seguramente volverán para o…

A febre e outras formas de inspiración

Manuel Veiga Taboada. No século XIX era frecuente considerar que a inspiración constituía unha parte, ás veces mesmo a principal, do proceso literario. De feito, entre os tópicos sobre certas figuras sociais da época figuraba, xunto aos de bella señorita, bizarro militar ou casto sacerdote, o de inspirado poeta. É moi coñecido o caso de…

Rubem Fonseca, a grande arte da lingua do pobo

César Lorenzo Gil. Rubem Fonseca visitou Galicia no tempo de San Miguel do ano 2004. O Centro PEN Galicia agasllouno aquel ano co Premio Rosalía, que recoñece o contributo de escritores nas linguas próximas ao galego: castelán, éuscaro, catalán e portugués. Premio que segue a darse hoxe, único destas características no noso contorno. Con 79…

Albert Uderzo, moito máis ca o debuxante de Astérix

Edu Maroño. O 24 de marzo do 2020 faleceu Albert Uderzo, mundialmente coñecido por ser, con René Goscinny, creador das aventuras de Astérix e Obélix. Pouco se pode engadir ás merecidas loas que se verteron nos medios de comunicación nos días seguintes á súa morte, abonda con abrir calquera dos seus álbums para comprobar que…

A corentena que soñou Amazon

César Lorenzo Gil. Unha boa parte do mundo está en corentena. Nun intre inédito na historia da humanidade, a mundialización concretouse nun consenso universal que converte as casas nos primeiros refuxios ante a expansión do coronavirus. Desde o Brasil a Canadá; desde Moscova a Glasgow, cada domicilio se converteu nun micromundo no que —con excepcións—…