As dúbidas respecto ao idioma galego de Johan Carballeira

Xesús González Gómez. Leo, de corrido, o libro de Francisco Rodríguez Pastoriza A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira), publicado por Edicións Laiovento este 2019. O volume é, como moi ben se di na contracapa, «Unha recompilación comentada e contextualizada da maior parte dos seus traballos publicados nos xornais e nas…

Así se escollen os premios da Gala do Libro

César Lorenzo Gil. A Gala do Libro Galego celebrouse en Compostela, como de costume, no mes de maio, o mes das letras. Desta volta a festa caeu o 11 de maio, o sábado anterior ao 17. Estes premios están convocados en conxunto pola Federación de Librarías Galegas, a Asociación de Escritoras en Lingua Galega e…

As cifras do Sant Jordi 2019 mantéñense estables

Xesús González Gómez. A unha semana da celebración da xornada de Sant Jordi, a presidenta do Gremi de Llibreters de Catalunya avanzaba que esperaban un aumento das vendas con respecto ao pasado 2018. Cifraba ese aumento en 1,5 millóns de euros. A día de hoxe o Gremi aínda non deu cifra ningunha baseada en datos…

U-los clásicos do cómic galego?

Edu Maroño. Cando se fala das orixes do cómic como medio é habitual aludir a antecedentes da Antigüidade ou da Idade Media: textos funerarios exipcios, columnas romanas, tapices medievais, vidreiras, códices… Sen ir máis lonxe, Breixo Harguindey publicou en 2006, no Boletín Galego de Literatura, un artigo no que salientaba as tanxencias entre a linguaxe…

O luxo de ler a Tolkien en galego

César Lorenzo Gil. Non é a biblioteca galega rica en éxitos populares. Nin clásicos nin contemporáneos. As deficiencias na normalización literaria teñen o seu punto máis feble nas traducións de libros que son éxito de vendas ano tras ano (os coñecidos como long-sellers). Nin para o público adulto nin para o público xuvenil. As razóns…

Balanzo da poesía catalá no 2018 (e II)

Xesús González Gómez. Despois de repasarmos as edicións de obras completas, as reedicións de «clásicos», os aniversarios, as antoloxías e as traducións máis salientábeis, na nosa opinión no apartado poesía que se deron en Cataluña no 2018, pasemos agora a dar a relacións dalgúns premios. De poesía, de institucións públicas e privadas, existen en Cataluña…

A reivindicación do celtismo de Carlos Núñez

César Lorenzo Gil. Non vou falar do Carlos Núñez músico, autor da recente La hermandad de los celtas (Espasa) senón de Vigo metropolitano na Galicia céltica,de Carlos Núñez sénior, un traballo que toma a Vigo como escusa para reivindicar a pertenza de Galicia ao espazo simbólico e xeográfico celta desde a prehistoria. Publica Xerais. Núñez fai un percorrido…

Balanzo da poesía catalá no 2018 (I)

Xesús González Gómez. Se ben é verdade que a narrativa catalá actual esta a vivir un  momento que poderiamos considerar «glorioso», cal é o estado da actual poesía catalá? Para dar un informe polo miúdo necesitariamos un tempo, e sobre todo uns coñecementos, dos que non dispomos, así que atallaremos. É dicir, lanzarémonos polo camiño…

A voda das aves da Candeloria

Nati Rey. A Festum Candelorum –festa das candeas– derivou na cultura galega na celebración da Candeloria, que se celebra o 2 de febrero. Segundo o cristianismo é o día da Purificación da Virxe María pero coincide co Imbolc, que é unha das catro festividades principais do calendario celta. A Candeloria/Imbolc forma parte de antigos ciclos…