A noite duodécima

Eva Moreda. Nese tempo limiar de doce días, o contacto entre o mundo terreal e o alén é especialmente intenso e perigoso. Nati Rey Prólogo: 24 de decembro Noiteboa, Christmas Eve, Vixilia Que leves boa viaxe, reiniña: este é o taxista que me leva de Lavacolla á estación de autobuses de Santiago para logo seguir…

O cazador

Vítor Vieito. A noite caera tan rápido que non se decatara de que hora era, non lle importaba moito tampouco, todo o que lle podían berrar veriase aplacado polo comezo do seu aniversario ás 00. Seu irmán sempre lle dicia que non volvese á casa nunca polo mesmo camiño e tomouno ao pé da letra,…

Sete poemas e un relato

Xesús Manuel Lema Vidal. I ¡A forza, a morte, o arrepío do samsara! A ti, terra de sal e de diamantes, fuxo e procuro coa determinación furiosa de quen dubida. [Devezo, que así vén, así marcha, e quen máis azos ten é quen máis os perde.] Ti, terra de area nos ollos e gloria na…

A fatiga nómade

Rodrigo Osorio Guerrero. A Axencia da Organización das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas (ACNUR), acaba de confirmar o primeiro caso da canseira nómade en territorio español. Foi antonte, na rolda de prensa na que Filippo Grandi, o alto comisionado das Nacións Unidas para as persoas refuxiadas, presentou o informe que describe esta nova síndrome…

Os tres cofres

Manuel Casal Lodeiro, Casdeiro No lugar de Faustimil vivía unha familia moi humilde, composta por un casal e o seu único fillo, aínda rapazolo, que sobrevivían grazas a unha pequena leira que lles daba para vivir sen apuros, mais sen luxo ningún. Un día, sachando na súa leira, o home petou contra algo que pensou…

Sonho meu

A Luís González Tosar e Xavier Castro. “Por que xa non escribo? Porque perdín o destinatario. Hai un bo pobo, aínda simpático (sobre todo alí onde non chegan os xornais e a televisión) e unha pequena elite de burgueses cultos e desesperados. No entanto, non hai unha sociedade coa que poder relacionarse através da poesía”.…

O mirante Patinir

A aquel Robert Redford de once anos que padeceu un ramo de polio en Santa Mónica e en 1947, o que non lle impediu darlle sebo ás canelas no filme O Golpe que tanto me sorprendeu nun cinema zuriqués alá nas fronteiras dun verao setentista. Bieito Iglesias. Despois dun verao caloroso e moitas ensaladas de…

A vergoña do galego

  A Pitusa e Sanfiz A Reboiras, que finou no Ano do Suplicio de 1975 (así en Ostia como en Ferrol), e aos demais filiados desa célula fría, ferriniana, na que militan os mortos do noso partido. Bieito Iglesias. A Vítor Figueiredo aconteceulle a historia mesmo antes de nacer (A historia sucede, pero non nos…

Sete graos de granada

A Italia, que non á patria delle mezze calzzette “Encanto haxa un mendigo, haberá mito”.                                                                                                                                                                                                                   Libro das pasaxes. W. Benjamin Bieito Iglesias. Brillaba o sol no xardín que rodea a Galería Borghese, por fortuna deixara de chover aí polas dez, cando apañei un taxi en Termini disposto a pasar unhas horas…

Auga durmida

A Véra, siempre a la verita tuya hasta el día en que me muera. “A pasaxe como templo de Esculapio, sala termal. Paseo terapéutico (as pasaxes como salas termais en desfiladeiros, como en Schuls-Tarasp). Libro das pasaxes. W. Benjamin “Apesar do frío, das nubes, da chuvia e o vento, e mesmo dalgunhas folipadas, Nabokov fruíu…