‘Etceteramente’, un libro xogo

César Lorenzo Gil. É máis ou menos habitual que se publiquen libros infantís nos que a propia lingua ou a literatura sexan a materia prima coa que se compoñen diversas posibilidades lúdicas. A relación entre significado e significante, as historias dentro das historias ou os dobres sentidos de palabras e expresión, entre outras posibilidades, artellan…

‘A muller de lona’, unha novela sen materia prima

César Lorenzo Gil. Hipólito Foxo é empregado dun aparcadoiro público. Encárgase de atender a caixa e da vixilancia. Un día a súa xefa proponlle un cambio de funcións que el interpreta como o preámbulo para o seu despedimento, malia que en aparencia o novo cargo habíalle dar máis comodidade e salario. A posibilidade do cambio,…

‘Outono aquí’, unha reedición acertada

César Lorenzo Gil. A editorial Menino Morreu reedita Outono aquí, a obra coa que Mario Regueira gañou o Premio Lueiro Rey de Novela Curta no ano 2011. Estamos diante dunha novela de dous personaxes, protagonizada por dous irmáns: Xoán, músico de éxito que sofre un cancro grave, e mais Guillerme, que vai visitalo a Gante…

‘Carolina’, os perigos do xerundio

César Lorenzo Gil. Tomás Abilleira, o narrador, é un xornalista que traballa na delegación en Madrid do xornal ourensán La Región. A finais da década do 1990 encóntrase nun café coa atractiva octoxenaria Rosalía Mera (nada a ver coa empresaria real), que lle conta un segredo familiar relacionado coa Guerra do 36. Así descubrirá que…

‘Lúa nova’, unha novela sen conflito

César Lorenzo Gil Lúa nova, de Irene Montero, publicada por Xerais, gañou o VIII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira, que se outorgou no 2021. Conta a historia de Lúa, unha pianista de éxito internacional cega de nacemento. A novela parte dun presente, no que a protagonista viaxa a San Francisco, EUA, para…

‘Algoritmos’, concentrado de Queipo

César Lorenzo Gil. Algoritmos (editado por Galaxia) reúne, segundo a contratapa do volume, «unha secuencia de ideas acoutadas entre 2011 e 2018». É unha boa definición para un libro que poderiamos cualificar como diario inconstante de experiencias, lecturas, memorias e reflexións cuxo principal elo conector é a forte personalidade literaria do seu autor, Xavier Queipo.…

‘Unha cervexa Chang’, no medio do nada

César Lorenzo Gil. Un turista santiagués no seu último día en Tailandia repara nunha muller de trazos centroeuropeos que entra na auga e a continuación desaparece. Decide denuncialo á policía e acaba preso, sospeitoso de asasinato. Mais aclarado, supostamente, o malentendido, o turista, que é un anticuario a piques da ruína, decide investigar pola súa…

‘Cando os lobos escoitaban a radio’, a peor escrita

César Lorenzo Gil. “En Cando os lobos escoitaban a radio Pemón Bouzas desprega a súa mellor escrita para mergullarnos nunha historia absolutamente conmovedora”, remata o extracto que Edicións Xerais escribiu na contraportada desta novela. Pode ser a mellor escrita do autor, pero igual ca o texto da contraportada, esta novela está moi mal escrita. Bouzas…

‘Tres en raia’, un puzzle sobre a memoria

César Lorenzo Gil. Tres amigos: Gabriel, Guillerme e Antonio, volven reunirse anos despois de que a vida os separasen; son xa vellos e un deles está enfermo. Así empeza Tres en raia, publicada por Baía, de Xosé Manuel Martínez Oca (A Estrada, 1942), un dos grandes veteranos da narrativa galega que levaba máis dunha década…

‘Os seres queridos’, poesía sen versos

César Lorenzo Gil. Berta Dávila gañou o Premio Xerais 2021 c’Os seres queridos, unha novela que hai que colocala no ronsel de obras anteriores da autora (Carrusel, Illa Decepción). A autora desenvolveu un estilo que hoxe é inconfundible. Non só porque deseña os seus universos narrativos na súa propia vida mediante a autoficción, senón porque…