O 31 de decembro celebramos o San Silvestre, unha data propicia para o caos

Nati Rey. No ciclo galego do Nadal, o día de San Silvestre comprendese no que se dá en chamar “duodenario místico”, o período de doce días comprendido entre finais dun ano e comezos do seguinte. Nese tempo limiar de doce días, o contacto entre o mundo terreal e o alén é especialmente intenso e perigoso.…

A nostalxia imperial en España, unha obsesión decimonónica

César Lorenzo Gil. Na actualidade, tanto a historiografía menos rigorosa coma as narrativas históricas populares do nacionalismo español vive un evidente revival imperial. A contra-lenda negra gaña titulares e títulos nas librarías, espazo nos podcasts e nos paraninfos, importancia na axenda política dos tres partidos nacionalistas: PP, Cs e Vox; incluso o eco da nostalxia…

O baile do sol, unha tradición do San Xoán

Nati Rey. San Xoán pediulle a Cristo que non o adormentase… para ver beilar o Sol o día da súa romaxe. O baile do sol é unha reminiscencia das antigas celebracións pagás vinculadas co solsticio de verán, nas que se adoraba o astro rei. Antigamente, na mañanciña de San Xoán era costume subir aos montes…

Por que lle chamaron Vitiza a un puticlub?

César Lorenzo Gil. O que non puideron varias operacións policiais, puídoo a pandemia. O puticlub Vitiza, situado moi perto da A-52 á altura do concello do Porriño, pechou de vez. Hoxe en día, o edificio, con aires de restaurante de vodas e demais banquetes, xa non ten nin o rótulo e parece improbable que ninguén…

A Peste Negra en Galicia

César Lorenzo Gil. A Peste Negra do 1348-1349 foi a grande epidemia da Idade Media. A súa virulencia e extensión xeográfica e socioeconómica marcaron unha cesura no devir de Galicia. O mecanismo de contaxio da peste Pulgas de rata infectadas coa bacteria da peste bubónica mentres chuchan nun ser humano, regurxitan parte do sangue que…

As ánimas na véspera de Todos os santos

Nati Rey. Na véspera de Todos os Santos, e dende tempos ancestrais, existe a crenza de que a porta do Outro Mundo se abre e os espíritos dos defuntos regresan á terra para camiñaren entre os vivos. Denomínanse “ánimas” as almas que volve do Alén (especialmente as dos mortos que están no Purgatorio), e na…

‘El ogro patriótico’, así se configurou a España moderna

César Lorenzo Gil. Que relación ten o deseño territorial, político e económico da España actual co seu exército? En que momento o militarismo español pasou a ser decisivo para entender o devir histórico do Estado? É quen o exército español de manter a súa neutralidade partidaria? Estas preguntas obteñen resposta no libro El ogro patriótico.…