Alfredo Conde: “Moito me gustaría recobrar as noites que Juan Ramón Díaz, Casares e mais eu pasamos bebendo Porto e falando”

Entramos na biblioteca íntima dun dos autores máis recoñecidos da literatura galega actual. Alfredo Conde fala nesta entrevista dos seus recordos e tamén dalgún soño literario. Recomendamos ler as súas dúas obras máis recentes: Homes de ferro (publicado por Ézaro) e Un vento que pasa (Galaxia). Cal é o primeiro libro que recorda ter lido?…

Neste premio literario non se valorará… a literatura

César Lorenzo Gil Nas últimas semanas xurdiron en Galicia dous novos premios literarios. O Concello de San Xoán do Río convocou a primeira edición do Premio de Novela da Galicia Rural. Segundo a organización, nace para “promover a visibilidade do mundo rural galego e reflexionar sobre as súas problemáticas, posibilidades e retos presentes e futuros…

Miguel García-Fernández: “Sen divulgación, a historia é unha ciencia pechada, burocrática e egocéntrica”

César Lorenzo Gil. Miguel García-Fernández (As Guístolas, San Xoán do Río, 1988) é historiador, medievalista, especialista en Historia Social das Mulleres e do Xénero. Autor de numerosos artigos científicos e coordinador de diferentes encontros e congresos sobre historia, arestora forma parte do equipo de investigación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC). Asemade, ultima…