Día das Letras: entre o pop e as bandeiras

César Lorenzo Gil. Teño dito en varios textos parecidos a este que o Día das Letras Galegas é un dos grandes éxitos institucionais de Galicia. A pesar de que se iniciou en pleno franquismo (e conseguiu sobrevivir baixo ese réxime máis dunha década), a data está hoxe moi relacionada cos alicerces da autonomía. É un…

A literatura galega como xénero

César Lorenzo Gil. É común, en ámbitos relacionados coa cultura galega, falarmos de que un dos grandes problemas da expresión artística na nosa lingua é que non consegue crear un sistema, senón que se ten que conformar con ser unha categoría dentro dun sistema ou unha estrutura superior. Así, falarmos de cinema galego ou de…

As traducións nas escolas

César Lorenzo Gil. É van explicar outra volta que non hai literatura que viva só da autarquía. A biblioteca galega enriquécese coas obras propias, pero sobre todo coa capacidade que as editoriais teñan de incorporar na nosa lingua títulos creados noutros idiomas. O galego literario por suposto que o sustentan os creadores que escolleron o…

Premios literarios si, pero non así

César Lorenzo Gil. Hai uns días, a Deputación de Pontevedra presentou un novo premio literario. O Premio Dona Orraca, que convoca a institución pública a medias coa editorial Guiverny, outorga unha recompensa de 6.000 euros para unha obra, escrita en galego ou castelán, que no preámbulo das súas bases afirma que nace “co ánimo de…

A nostalxia imperial en España, unha obsesión decimonónica

César Lorenzo Gil. Na actualidade, tanto a historiografía menos rigorosa coma as narrativas históricas populares do nacionalismo español vive un evidente revival imperial. A contra-lenda negra gaña titulares e títulos nas librarías, espazo nos podcasts e nos paraninfos, importancia na axenda política dos tres partidos nacionalistas: PP, Cs e Vox; incluso o eco da nostalxia…

A prol dun premio de non ficción

César Lorenzo Gil. O xornalismo está morto. Ou polo menos en grave crise. Da xente que estudou comigo a carreira só unha mínima parte se dedica a ese oficio, a pesar de que a maioría empezamos a traballar en medios de comunicación ao saírmos da facultade. Non é o lugar para explicar as causas (variadas)…

O solpor español: o caso Virginia Feito

César Lorenzo Gil. Logo da campaña de Nadal, no período no que a industria editorial adoita publicar os libros nos que menos confía comercialmente, Lumen (editorial do selo transnacional Penguin Random House Mondadori) lanzouse á promoción da novela La señora March, de Virginia Feito, autora novel de 33 anos, publicista de profesión, seica con certos…

“Carmen, antes molabas”

César Lorenzo Gil. Tras varios anos sen gran protagonismo, o Premio Planeta por fin volve ocupar espazo nos medios, día tras día, en todas as plataformas, para todos os públicos. Sen tan sequera necesitar ter os libros impresos; sen necesitar unha novela. A trama que importa non está, como de costume na industria cultural, dentro…

Novelas populares futuras: unha fantasía

César Lorenzo Gil. Como xa está moi perto o verán e o descanso estival para Biosbardia, pídolles aos lectores licenza para deixar a rumbo a imaxinación, esquecer os límites do mercado galego e facer unha proposta de títulos e series que lles engadan cor aos andeis das librarías. Dixen que seguramente o futuro da narrativa…