‘Grandarroiba’, un cómic no rural de hoxe

César Lorenzo Gil. Grandarroiba, de Cristian F. Caruncho (editado por Demo), conta a historia de Moncho de Grandarroiba, un veciño dunha das aldeas máis inaccesibles da comarca de Ortegal. Marcado por unha vida de illamento e marxinación, o cambio xeracional permitiralle ter unha segunda oportunidade para se nutrir dos vínculos e afectos da súa comunidade.…

U-los clásicos do cómic galego?

Edu Maroño. Cando se fala das orixes do cómic como medio é habitual aludir a antecedentes da Antigüidade ou da Idade Media: textos funerarios exipcios, columnas romanas, tapices medievais, vidreiras, códices… Sen ir máis lonxe, Breixo Harguindey publicou en 2006, no Boletín Galego de Literatura, un artigo no que salientaba as tanxencias entre a linguaxe…

Tintín galegofalante

Edu Maroño. “Isto é jiu-jitsu, meu amiguiño”, dicía o malvado Wronzoff despois de retorcerlle a perna a Tintín. “E isto é zocada!”, retrucáballe o reporteiro belga mentres lle chantaba unha patada na queixada. Este diálogo, recollido no álbum A Illa Negra, é un dos moitos que teño memorizados despois de anos de infancia lendo e…

Cómic, a heterodoxia en papel que se salva da crise

Manuel Veiga Taboada. O cómic ou banda deseñada é un produto franco-belga, algo italiano, por suposto norteamericano, aínda que doutra maneira, e incluso un pouco arxentino, se contamos as tiras de Mafalda. Nos últimos anos, o cómic en papel e en gran formato, salvo o manga xaponés que acostuma a ser máis reducido, non só…

O cómic acada altos prezos no mercado da arte

Hai dous meses, a prensa francesa dedicoulle amplo espazo ás cotizacións da arte gráfica procedente da banda deseñada. A denominada novena arte, case sempre vinculada á sociedade de masas, popular e, sobre todo, seriada, baseada na copia, é agora obxecto de fascinación polos coleccionistas de arte, que pagan grandes cantidades por obras orixinais. É que…