Consellos aos escritores novos… e non tan novos

Xesús González Gómez. Alá polo ano 46 do século XIX, un mozo, poeta e escritor, de 25 anos, publicaba un artigo titulado «Consellos aos xoves escritores». Dende aquela correu moita «tinta» e os consellos aos escritores novos, e non tan novos, prodigáronse até case o infinito. Consellos para todos os gustos e, se son sinceros,…

A autoedición e a mala literatura

Algunhas reflexións sobre a autoedición (e II) Xesús González Gómez. Todos sabemos que a autoedición é o elo máis débil do recoñecemento literario. Poucas veces os libros publicados en autoedición van máis alá dun círculo restrinxido. Os libros autoeditados son considerados polas librarías como artefactos publicados por xente non coñecida, que non son interesantes e,…

Por que escribe vostede (e II)

Xesús González Gómez. O “hors-série” de Libération iniciábase coa resposta do único supervivente dos tres directores de Littérature, Philippe Soupault, que contaba daquela coa provecta idade de 88 anos (morrería cinco anos máis tarde, en 1990). A resposta de Soupault era concisa: “Escribo para me divertir”, e viñan logo as 399 respostas seguintes, moitas das…

Por que escribe vostede? (I)

Xesús González Gómez. No número 9, correspondente a novembro de 1919, a revista Littérature, dirixida por Louis Aragon, André Breton e Philippe Soupault, á parte das colaboracións pertinentes: André Breton & Philippe Soupault, Les champs magnétiques; Guillaume Apollinaire, que había un ano que morrera, Quelconqueries; Louis Aragon, Sommeil de plomb; Max Jacob, Poèmes en prose;…

Xosé Miranda: “Son un escritor melancólico e imaxinativo”

César Lorenzo Gil. Xosé Miranda (Lugo, 1955) é un dos grandes escritores vivos. Autor de long-sellers como Morning Star e Pel de lobo (ambos publicados por Xerais, 1998 e 2002, respectivamente), estudoso da mitoloxía galega, da literatura popular e oral, e poeta (As cidades mergulladas (Xerais, 2003) e Capitán dos teus ollos (Espiral Maior, 2005),…