Carlos Baliñas: “É hora de deixar tranquilos os reis de Galicia e democratizar a historia social”

César Lorenzo Gil. Carlos Baliñas (León, 1961) é un dos nosos máis importantes medievalistas. Profesor na Facultade de Humanidades da USC no Campus de Lugo, ten unha ampla traxectoria de estudo da época altomedieval e tamén da evolución histórica da paisaxe. Nesta entrevista falamos sobre algúns aspectos da formación da identidade galega hai mil anos…