‘Xan do Arrabaldo’, feble narrativa histórica

Eva Moreda. Xan do Arrabaldo (Laiovento, 2018), a primeira obra de ficción que publica Rafael Fontoira Surís, sofre de case todos os vezos da síndrome da coidada documentación, ata o punto de que hai pasaxes e capítulos enteiros que semellan estar aí unicamente para demostrar e ilustrar o coñecemento profundo que sen dúbida ten o…

Miguel García-Fernández: “Sen divulgación, a historia é unha ciencia pechada, burocrática e egocéntrica”

César Lorenzo Gil. Miguel García-Fernández (As Guístolas, San Xoán do Río, 1988) é historiador, medievalista, especialista en Historia Social das Mulleres e do Xénero. Autor de numerosos artigos científicos e coordinador de diferentes encontros e congresos sobre historia, arestora forma parte do equipo de investigación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC). Asemade, ultima…

‘O espello do mundo’. A Idade das Mulleres

Hai moitas novelas históricas que se establecen en dous planos temporais. A máis famosa (e interesante a día de hoxe malia estar descatalogada) é Xa vai o griffon no vento (1986), de Alfredo Conde. En moitas, os planos non son paralelos senón que se explican mutuamente, unha é a orixe do outro. Eis o caso d’O espello…

A orixe incerta da Festa do Boi de Allariz

César Lorenzo Gil. Esta fin de semana comeza oficialmente a Festa do Boi de Allariz. Durante nove días, a vila medieval vive o seu momento máis lúdico ao redor dunha tradición da que os oriúndos do Concello, en especial os do centro urbano, senten grande orgullo. E logo por que se chama a Festa do…

Antonio Rodríguez Baixeras: “Nos mosteiros do século X había mulleres, homes e crianzas vivindo en comunidade”

César Lorenzo Gil. Antonio Rodríguez Baixeras (Ribadeo, 1950) é historiador e desenvolveu gran parte da súa actividade tanto no ensino coma no traballo de divulgación histórica a diferentes niveis editoriais. Agora presenta A historia de Odoyno. A primeira novela galega (Toxosoutos), unha aproximación ao século X galego a través dun dos textos máis senlleiros do…

‘Lourenço, xograr’, outra novela de instituto

Lourenço, xograr, é a última novela publicada por Manuel Portas, a primeira que edita en Galaxia, logo de ser merecedora do Premio García Barros 2015. A obra é unha recreación da vida de Lourenço, un xograr do século XIII cuxa principal ansia é converterse en trobador, status maior dentro da arte poético-musical da época (a…

Xurxo Ayán: “A lenda de María Castaña serve para explicar como se constrúe un mito histórico”

César Lorenzo Gil. Xurxo Ayán (Lugo, 1976) é historiador e arqueólogo. Especialista na Idade do Ferro e tamén en Arqueoloxía Contemporánea, ten reflexionado sobre políticas públicas de conservación do Patrimonio Histórico. Vén de gañar o Premio de investigación Mulleres de Lemos 2014, convocado pola Asociación Lemos Le e a Oficina de Información á Muller de…

Anselmo López Carreira: “Falarmos do reino de Galicia serviu para crebar o dogma da “eternidade” de España”

César Lorenzo Gil. Anselmo López Carreira (Vigo, 1951) publica Historia de Galicia (Xerais), un manual que, en palabras do seu autor, actualiza o manual básico sobre o estudo do noso pasado con novas perspectivas e materiais máis abundantes. Nesta conversa debullamos algúns dos temas do libro. Vostede xa participara na redacción da Historia Xeral de Galiza, que…