Dez Premios Xerais que paga a pena ler

César Lorenzo Gil. O sábado, 7 de xuño, saberemos que novela gaña o Premio Xerais de Novela 2014. A publicación da obra gañadora aínda demorará uns mesiños. Para ir facendo boca, velaquí unha lista de dez novelas que gañaron o premio outros anos e que paga a pena ler. Algúns títulos xa apareceron nesta serie…