‘O día do falso gato’, excelente literatura lisérxica

Pablo Fernández Barba. Hai case un ano publiquei en Biosbardia a recensión dun título traducido ao galego que non estaba dispoñible no mercado do macrosistema editorial español. Laiábame daquela de como aquel título, publicado bastante tempo atrás, non merecera a atención nin da crítica nin dos espazos reservados á promoción literaria que vagan polo sistemiña…

‘O tabú na traslenda’, a aldea utópica

O tabú na traslenda é un libro de relatos peculiar. En cada un dos 26 contos que compoñen o libro vai ser protagonista un habitante distinto dos moitos que pasaron por Amarelle –unha aldea galega que a diferenza do que ocorre no mundo real atrae a xente a vivir nela– dende a posguerra ata os…

Fausta Cardoso Pereira: “No plano cultural, Galicia está atenta a Portugal mais non ocorre ao revés”

César Lorenzo Gil. O Premio de Literatura Fantástica Antón Risco é unha experiencia pioneira nas letras galegas actuais: permite que concursen obras escritas en portugués. Esta posibilidade aproveitouna a autora gañadora da edición do 2017, Fausta Cardoso Pereira (Lisboa, 1977), quen gañou o certame con Dormir com Lisboa (Urco), unha obra que comeza así: “Lisboa…

Jules Verne e a vida secreta dun Vigo ideal

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, editado por Xerais, gañou o Premio Lazarillo 2015. Conta unha historia fantástica no Vigo do 1884: O escritor Verne, xa famoso grazas ás súas novelas, volta a Vigo para coñecer persoalmente o novo invento de Antonio Sanxurxo Badía, que está inspirado no Nautilus co que…

Xosé Miranda: “Son un escritor melancólico e imaxinativo”

César Lorenzo Gil. Xosé Miranda (Lugo, 1955) é un dos grandes escritores vivos. Autor de long-sellers como Morning Star e Pel de lobo (ambos publicados por Xerais, 1998 e 2002, respectivamente), estudoso da mitoloxía galega, da literatura popular e oral, e poeta (As cidades mergulladas (Xerais, 2003) e Capitán dos teus ollos (Espiral Maior, 2005),…

‘Laura das neves’, letras que morden

Lombodalebre é unha vila o suficientemente grande como para acoller a principal comunidade literaria de Finlandia. Baixo a influencia da mítica escritora e recuperadora da tradición folclórica autóctona Laura das Neves, un grupo de escritores foron aprendidos desde crianzas para se converteren nos principais narradores do país. Agora, este colectivo con aires místicos está pronto…

‘Hostal Norte’. De todo menos medo

Un rapaz marcha da casa familiar con cinco euros no peto. Por el seica espera un amigo que quedou en darlle traballo nun armacén. Para vivir, un hostal acabado nunha zona acabada da cidade. Dentro, uns personaxes misteriosos, estraños, detrás de cada porta. O protagonista non atopa o amigo, non ten traballo mais aí segue…