Kalandraka, 19 anos de “libros para soñar”

César Lorenzo Gil. A historia da editora Kalandraka é unha historia de éxito e de innovación. Nada mellor para definir a súa traxectoria que o seu propio lema: “Libros para soñar”. Un soño empresarial que parecía imposible, crear desde Galicia unha empresa capaz de axudar a amar os libros a cativos de varios continentes sen…

Xerais crea o Catálogo Fernández Paz

Agustín Fernández Paz é un dos grandes das letras galegas por méritos propios. O seu recente falecemento foi o luctuoso motivo polo que Xerais se decidiu a crear o Catálogo Fernández Paz, que compila toda a produción do escritor de Vilalba nesta editorial. Fernández Paz publicou durante máis de vinte anos ao redor de cincuenta…

O Samaín 2016, a festa da Escarlatina

Ledicia Costas pasou a festa dos Defuntos no Barco de Valdeorras. Era a principal convidada dunha xornada que explica moi ben que sucedeu este ano coa festa do Samaín/Halloween en Galicia. A biblioteca municipal da vila organizou un día dedicado ao Universo Escarlatina, que incluíu obradoiros de maquillaxe, unha noite terrorífica durmindo na propia instalación…

Hora de pasalo pipa co centenario de Roald Dahl

César Lorenzo Gil. O 2016 é o Ano Roald Dahl, é dicir, comemórase o centenario do nacemento do escritor galés, un dos máis famosos no mundo enteiro singularmente pola súa produción pensada para crianzas. Os seus textos, afastados do proteccionismo da maior parte da literatura infantil, permanecen frescos a pesar do tempo e seguen a…

‘Tarzán de goma’, unha obra mestra da sinxeleza

Ole Lund Kirkegaard é unha figura imprescindible na literatura infantil. A pesar da súa vida breve (1940-1979) deixou unha chea de obras pensadas para a infancia que foron moi traducidas e moi lidas por varias xeracións. Agora, o que pasa por ser o seu libro máis famoso, Tarzán de goma, publícase en galego, no selo Sushi Books.…