‘Bonus track’, relatos sobre música que desafinan

Eva Moreda. Bonus track (Galaxia, 2018), primeiro libro de narrativa de Rosalía Fernández Rial, é un conxunto de vinte e dous relatos que a autora, talvez, confiou que daría sostido con éxito sobre o seu coñecemento (indubidable) de varios xéneros e estilos da música popular, e non tanto sobre calidades de tipo máis literario. Ideas…

Música e exilio en Galicia (e II)

Eva Moreda. Aínda que caiamos máis na anécdota e no tanxencial que na historia da música galega propiamente dita, convén lembrar, como facemos nesta segunda entrega, os achegamentos dalgúns compositores exilados non galegos á nosa tradición musical e literaria e, nalgún caso, aos nosos exilados. Xa falei na entrega anterior da relación de Enrique Casal…

Música e exilio en Galicia (I)

Eva Moreda. Non é a música o primeiro que nos adoita vir ao miolo cando pensamos no exilio do 39; fálase, é certo, do lucense Jesús Bal y Gay (1905-1993) e mesmo se interpreta e se escoita, ás veces, a súa música. Pouco máis. De Bal y Gay adóitase dicir que é a voz galega…

A música das primeiras páxinas

Oberturas literarias (e 2) Xesús González Gómez. Curiosamente, poucas novelas galegas teñen unha obertura máis ou menos operística. Unha delas, na que o inicio operístico é máis patente, e O enxoval da noiva, de Vítor Freixanes (Galaxia): “¡Tempo de Entroido! ¿Xa en Roma se anuncia o carnaval! Unha máscara trouleira, toda vestida de colorado, axóuxeres…

Andee Silver, unha inglesa que cantou en galego

Xosé Enrique Acuña. Un feito histórico, hoxe podemos dicilo, tivo lugar no Londres de 1970. Nesta cidade, e nos prestixiosos estudios Decca, grávase unha sensible peza musical por voz dunha cantante da que en Galicia e España se escoitara o xusto. Británica e de nome artístico Andee Silver, esta muller de poucos anos entraba, sen…

Ataque Escampe como fenómeno literario

César Lorenzo Gil. A música en galego segue a ser unha excepción. Ataque Escampe é unha banda que innova no musical e que coida tanto as letras das súas cancións que merece contarse entre as propostas literarias máis interesantes dos últimos anos. Hai un tempo aparecera no Twitter unha conta que se adicaba a converter…