‘Diario dun enterro’, o aburrimento dos velorios

César Lorenzo Gil. Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987) debuta na narrativa con Diario dun enterro, publicado por Galaxia, Premio Repsol de Narrativa Breve 2019. Até agora, o autor destacara (con moitos e prestixiosos premios) como poeta. A novela, máis ben nouvelle, é un diario de catro xornadas dividido en 17 capítulos onde Xacobe, un trasunto do…

Eva Moreda e o ‘efecto verdade’

Manuel Veiga Taboada. Eva Moreda é xa unha escritora sólida, pero aventuro que será ademais unha das grandes autoras que a literatura galega presente nos vindeiros anos, sempre, iso si, que Escocia e a creación en lingua inglesa non a absorban e distancien de nós.  A súa voz soa sempre auténtica, o que lle permitiu…

Joseph Roth e o cinema, Alcayde Dans e a impaciencia

DIARIO DE LECTURAS Xesús González Gómez. Comprei, en febreiro do 2020, na mellor libraría de Barcelona —e non vou dicir cal é para non facer propaganda—, o volume de Joseph Roth, L’avventuriera di Montecarlo. Scritti sul cinema (1919-1935), publicado no 2015 por Adelphi Edizioni, a cargo de Leonardo Quaresima, con tradución del propio e de…

Os libros ‘soñados’ por Álvaro Cunqueiro (e II)

Xesús González Gómez. Na anterior entrega deste traballiño, afirmabamos, seguindo a bibliografía de libros soñados por Cunqueiro que fixo Miguel Anxo Seixas e mais a bibliografía que o propio escritor lle enviara a Filgueira Valverde en 1936, que nos saía un total de vinte e seis (26) libros soñados, libros con título, porque, matizamos, non…

Como se fabrica a novela do ano

César Lorenzo Gil. Xusto ao rematar a campaña de vendas de Nadal, o 8 de xaneiro, El Confidencial publicaba unha publirreportaxe (aínda que na práctica se ofrece como contido xornalístico) sobre o que, a xuízo da xornalista Paula Corroto, vai ser o fenómeno editorial do 2020. Desde o titular, feito en futuro, adiviñamos que a publicación…

‘As Ramonas’, unha ‘chicklit’ vilega

Eva Moreda. As Ramonas, segundo título publicado de Ana Cabaleiro e premio García Barros 2018, reúne varias características que a converten nun digno e aínda pouco frecuente exemplo do que podería ser unha hipotética chicklit galega: literatura comercial feita predominantemente por e para mulleres (con todas as trabas que se lle queiran poñer, pero o…

‘Bonus track’, relatos sobre música que desafinan

Eva Moreda. Bonus track (Galaxia, 2018), primeiro libro de narrativa de Rosalía Fernández Rial, é un conxunto de vinte e dous relatos que a autora, talvez, confiou que daría sostido con éxito sobre o seu coñecemento (indubidable) de varios xéneros e estilos da música popular, e non tanto sobre calidades de tipo máis literario. Ideas…