Sonho meu

A Luís González Tosar e Xavier Castro. “Por que xa non escribo? Porque perdín o destinatario. Hai un bo pobo, aínda simpático (sobre todo alí onde non chegan os xornais e a televisión) e unha pequena elite de burgueses cultos e desesperados. No entanto, non hai unha sociedade coa que poder relacionarse através da poesía”.…

Luís González Tosar: “No Congreso de Ourense do Pen Internacional, o mundo coñecerá a cultura galega sen tutelas”

César Lorenzo Gil. Luís González Tosar (Buenos Aires, 1952) é poeta, editor, profesor xubilado, activista cultural, fundador de premios, fundacións e revistas literarias. Amigo dos grandes da literatura contemporánea (de Blanco Amor a Méndez Ferrín), foi  testemuña da evolución política da esquerda e do galeguismo desde a loita clandestina da década do 1970 á maduración…