‘Bonus track’, relatos sobre música que desafinan

Eva Moreda. Bonus track (Galaxia, 2018), primeiro libro de narrativa de Rosalía Fernández Rial, é un conxunto de vinte e dous relatos que a autora, talvez, confiou que daría sostido con éxito sobre o seu coñecemento (indubidable) de varios xéneros e estilos da música popular, e non tanto sobre calidades de tipo máis literario. Ideas…

‘Vidas breves de idiotas’, brillante artificio

Xesús González Gómez. Rinoceronte Editora deu, non hai moito, ao prelo Vidas breves de idiotas, de Ermano Cavazzoni. Antes de pasar a dicir nada deste libro, loemos a tradución de Moisés Barcia. Barcia non pon en galego a Ermano Cavazzoni, senón que consegue, e penso que nas traducións diso se trata, que o galego soe…

Gabanza dos grandes fracasos literarios

Manuel Veiga Taboada. “Intento en cada libro fracasar mellor”. É unha frase recente de Vila-Matas. O editor Constantino Bértolo respondeulle nun chío de twitter: “A estas alturas, con estas lerias tan antigas. Cursilería profunda”. A palabra profunda entre aspas. Eu penso, non embargante, que a frase de Vila-Matas, antiga ou non antiga (case todo o…

Xavier Queipo: “Sempre procurei a experimentación, na vida persoal e na literatura”

César Lorenzo Gil. Cando Xavier Queipo (Santiago, 1957) fixo os 55 anos, decidiu recuperar unha serie de textos curtos que non tiveran unha publicación definitiva. Froito dese traballo, un ano despois publica 55 (Xerais), o seu máis novo traballo. Nesta entrevista falamos deste libro mais tamén pescudamos nas constantes da literatura dun dos nomes máis recoñecidos e…