‘Sapos e sereas’, compracencia naïf

Sapos e sereas, editada por Galaxia, é a primeira obra que publica  Ana Cabaleiro (Saídres, Silleda, 1974), unha colección de catro relatos e un epílogo. O fío que une todas as narracións hai que buscalo en dous elementos que non se cumpren cento por cento no quinteto, senón máis ben nun ziguezague coma o dos amallós…