Sobre poetas e farsas. A conta dunha polémica sobre Rimbaud e Verlaine en Francia

Xesús González Gómez. Para Xoán Abeleira, inmenso tradutor das Iluminacións rimbaldianas ao noso idioma. A inicios deste mes de setembro, o semanario francés Le Point publicaba o chamamento que a continuación reproducimos traducido ao galego. O chamamento ía asinado por dez ex ministros de cultura franceses (e sería apoiado pola actual ministra do ramo), por…

Nial Binns e os escritores estranxeiros na Guerra de España

Xesús González Gómez. Collo da biblioteca do barrio dous libros de Nial Binns: La llamada de España. Escritores extranjeros en la guerra civil, Barcelona, Editorial Montesinos, 2004; e Voluntarios con gafas. Escritores extranjeros en la guerra civil española, Madrid, Mare Nostrum Comunicación, 2009. O primeiro é un estudo sobre escritores que viñeron a España durante…

Homenaxe a Ernesto Sampaio a través do 70º cabodano de Castelao

Xesús González Gómez. Poeta, crítico, actor, bibliotecario, teórico, profesor, xornalista, tradutor (de André Breton, Fourier, Julien Gracq, Walter Benjamin, Thomas Bernhard, Peter Berger, Georg Büchner, Ionescu e un amplo etcétera), Ernesto Sampaio (1935-2001) foi un dos máis importantes escritores surrealistas portugueses do século pasado. En 1958 viu lume o seu primeiro libro Luz Central e…

Marxista, surrealista e esquecida

Á procura de Simone Kahn (e II) Xesús González Gómez. Cando estalou a Segunda guerra mundial non sabemos que fixo Simone Kahn, que casara con Collinet en 1938. Si se sabe que en outubro de 1940 nacía a súa filla Sylvie, e que recibiu unha tarxeta de felicitación de André Breton, con quen retomara amizade…

Á procura de Simone Kahn

Xesús González Gómez. No ano 2005, Éditions Jöelle Losfeld[1], selo das Éditions Gallimard, publicou un importante volume en edición presentada, estabelecida e anotada por Georgiana Colville, unha «especialista» en mulleres surrealistas: Lettres à Denise Lévy (1919-1929) et autres textes (1924-1975), de Simone Kahn, a primeira esposa de André Breton. Non imos ofrecer unha biografía de…

Correa Calderón e o surrealismo

Xesús González Gómez. Agosto 29-30-31.– Cando no seu día (1982) a Editorial Taurus publicou, na colección Persiles, serie «El escritor y la crítica», o volume El surrealismo, en edición de Victor G. de la Concha, sei que lle botei unha ollada nas librarías e, en vista do seu contido, decidín non compralo. Hai uns días…

Por que escribe vostede? (I)

Xesús González Gómez. No número 9, correspondente a novembro de 1919, a revista Littérature, dirixida por Louis Aragon, André Breton e Philippe Soupault, á parte das colaboracións pertinentes: André Breton & Philippe Soupault, Les champs magnétiques; Guillaume Apollinaire, que había un ano que morrera, Quelconqueries; Louis Aragon, Sommeil de plomb; Max Jacob, Poèmes en prose;…