‘Negruña’ pouco rabuña

A Coruña no futuro perde o seu nome polo máis expresivo de Negruña. Nunha cidade extenuada pola violencia soterrada dun capitalismo postindustrial deshumanizador está a piques de estourar unha conspiración que se vén xestando a través do sangue dos escollidos desde hai moito tempo en diferentes lugares. Xosé Duncan presenta en Negruña o seu proxecto narrativo máis…

Xosé Duncan: “Ás veces teño a sensación de que hai máis escritores ca lectores en galego”

César Lorenzo Gil. Primeiro lector, logo escritor e agora tamén un dos promotores de Lermos, “o punto de enconro da literatura en galego”. Xosé Duncan (O Poste, Chorente, Taragoña, Ribeira, 1970), comenta nesta entrevista os fins da nova publicación na que participa e tamén conversamos con el sobre a súa obra narrativa, dedicada polo momento…

‘Hostal Norte’. De todo menos medo

Un rapaz marcha da casa familiar con cinco euros no peto. Por el seica espera un amigo que quedou en darlle traballo nun armacén. Para vivir, un hostal acabado nunha zona acabada da cidade. Dentro, uns personaxes misteriosos, estraños, detrás de cada porta. O protagonista non atopa o amigo, non ten traballo mais aí segue…

Apocalipse Z: Mata zombis nas Cíes (ou perto)

Urco é unha editorial diferente no panorama galego. Comete erros (algúns de vulto) na escolla dos seus títulos porque arrisca, porque rompe tabús que as nosas letras erixiron hai unha chea de tempo en base a dogmas case nunca demostrados. Un deses tabús é a tradución á nosa lingua de autores galegos de fala castelá.…

‘Contos no nicho’, narrativa en prácticas

Cando eu era adolescente, xa nin lembro en que canle de televisión, programaban de noite unha serie chamada en castelán ‘Historias de la cripta’, pequenas pezas televisivas presentadas polo gardián da cripta, un morto ao que lle murchara a cute, lle medrara moito o cabelo e, curiosamente, non se lle descompuxeran os ollos. A serie…