Paasilinna, autor galego

César Lorenzo Gil. O escritor finlandés Arto Paasilinna morreu hai un mes aos 76 anos. Non visitou Galicia mais a súa relación coas nosas letras é especial. A súa obra foi a primeira de lingua finesa que se publicou en galego. Isto permitiu crear unha comunidade de lectores e admiradores do escritor escandinavo como membro…

‘Alaia e a deusa’, amor e aventura no tempo castrexo

Tomás González Ahola é un home polifacético na industria cultural galega. Fundador da editorial Urco e da cooperativa de servizos de impresión Sacaúntos, tamén ten unha interesante traxectoria como tradutor (grazas a el desfrutamos no noso idioma do Kalevala, obra senlleira da cultura finesa) e unha incipiente carreira como narrador. Alaia e a deusa, publicado pola colección…

Apocalipse Z: Mata zombis nas Cíes (ou perto)

Urco é unha editorial diferente no panorama galego. Comete erros (algúns de vulto) na escolla dos seus títulos porque arrisca, porque rompe tabús que as nosas letras erixiron hai unha chea de tempo en base a dogmas case nunca demostrados. Un deses tabús é a tradución á nosa lingua de autores galegos de fala castelá.…