Comeza a Liga da Primavera de relatos

Sete duelistas participan na nova liga, que presenta algunhas novidades, pero o mesmo espírito dunha competición que está nas páxinas de Biosbardia desde hai cinco anos. A primeira xornada publicarase o xoves, 28 de abril, e as restantes publicaranse nas seis semanas seguintes. Coma sempre, amais dos relatos, todos os autores deberán comentar e votar…

‘Cela nova’ vs ‘Olladas de mica’

Xornada sétima e derradeira da Liga de Outono 2021. Duelo entre Pilar Vilaboy e Xerardo Méndez. Traba: Os relatos só poden usar palabras cuxas letras estean contidas na seguinte oración: “Xosé Luís Méndez Ferrín de Celanova”. As letras proscritas si poden utilizarse en conxuncións e preposicións. Cela nova Xerardo Méndez. Os micos óllanme na imaxe…

‘Ela’ vs ‘O chapeu’

Xornada 6 da Liga Maruxairas do Outono 2021. Duelo entre Xerardo Méndez e Sabela González. Traba: O relato debe empezar coa frase “E marchou correndo”. Ela E marchou correndo. E deixoume atrás. E eu fiquei parvo ollando a porta cuspir unha bafarada de invernía á taberna, rodeado doutro cento de parvos, todos nós agarrados ao…