Elexía ao escultor Xoán Piñeiro

Francisco Álvarez «Koki». Sulagouse a noitecos teus ollos pechados.  Sulagouse…  Teu corpo espido  parece unha noite longa  pechada nun cadaleito.  As tebras volvéronse brétemas  a ilusión enfeitizouse pranto.  No intre dun silencio  pendura…  todo canto se pensa  todo canto se arela.  O derradeiro badelazo  crispa o silencio.  Cen olladas te miran  cinguidas ao tempo  unha…